Que hai de novo para os usuarios de Nextcloud «latest»

  1. Un xeito máis sinxelo de seleccionar unha nova aplicación:

    captura de pantalla do menú de aplicacións na parte superior esquerda da IGU web de Nextcloud
  2. Menú de novos contactos para chegar máis facilmente aos seus compañeiros ou amigos:

    captura de pantalla do menú de contactos na parte superior dereita da IGU web de Nextcloud
  3. Un menú emerxente de contacto con avatares en todas partes:

    captura de pantalla da xanela emerxente sobre o avatar
  4. Posibilidade de enviar varias ligazóns de compartición exclusivas cada unha co seu propio axuste, ao introducir os enderezos de correo-e (o destinatario recibirá un correo-e)

    captura de pantalla de varias ligazóns para compartir
  5. Moitas outras melloras e aplicacións novas, como compartir a pantalla en videochamadas, a nova aplicación Círculos para grupos definidos polo usuario, as notificacións automáticas, as notificacións de cambios nos ficheiros incluso cando se comparte con outro servidor, desfacer a eliminación de ficheiros dun cartafol compartido aínda que a eliminación fose feita por un destinatario, compartindo directamente en redes sociais e moito máis.