Acceso universal
O acceso universal é moi importante para nós. Seguimos os estándares web e comprobamos que todo sexa utilizábel tamén con teclado e software de asistencia como os lectores de pantalla. Pretendemos cumprir as Directrices de accesibilidade ao contido web 2.1 no nivel AA, co tema de alto contraste incluso no nivel AAA. Tamén seguimos as directrices alemás BITV 2.0.
Se atopa algún problema, non dubide en comunicarnolo no noso rastrexador de problemas. E se quere participar, únase ao noso equipo de deseño!
Zoom e capacidade de resposta
A interface de Nextcloud é totalmente sensíbel e pode usarse en calquera tamaño de pantalla. Pode ampliar e reducir o tamaño do texto e dos elementos ao seu gusto. A navegación e a barra lateral pódense expandirse ou contraerse.
Temas incluídos
Disponse de varios temas que pode activar para facilitar a accesibilidade:
Tema de alto contraste: Un modo de alto contraste para facilitar a navegación. A calidade visual reducirase mais aumentará a claridade.
Tema escuro: Un tema escuro para aliviar os seus ollos reducindo a luminosidade e o brillo xeral. Aínda está en desenvolvemento, así que informe de calquera problema que poida atopar.
Tipo de letra dislexia: OpenDyslexic é un tipo de letra libre e debalde deseñado para mitigar algúns dos erros de lectura máis comúns causados pola dislexia.
Para acceder aos axustes de accesibilidade:
Abra o menú de axustes ao final da cabeceira
Escolla Axustes
Na navegación, escolla Accesibilidade
Nota
O contraste dos elementos pode variar en función da temática personalizada. Por exemplo, a cor temática principal úsase como cor de fondo na cabeceira, a páxina de acceso e os botóns principais. Se isto causa problemas de contraste, póñase en contacto coa administración da instancia para obter axuda.