Introdución ao manual de usuario de Nextcloud «latest»

Dámoslle a benvida a Nextcloud: un fogar seguro para todos os seus datos.

Nextcloud é un software de código aberto para sincronizar e compartir ficheiros para todos, dende persoas que operan o servidor libre Nextcloud na privacidade da súa propia casa, ata grandes empresas e provedores de servizos compatíbeis coa subscrición de Nextcloud Enterprise. Nextcloud fornece unha solución segura e compatíbel para sincronizar e compartir ficheiros nos servidores que vostede controla.

Pode compartir un ou varios ficheiros e cartafoles no seu computador e sincronizalos co seu servidor Nextcloud. Coloque os ficheiros nos seus directorios locais compartidos e eses ficheiros sincronízanse inmediatamente co servidor e con outros dispositivos mediante o cliente de sincronización de escritorio do Nextcloud, a aplicación para Android ou a aplicación para iOS. Para obter máis información sobre os cliente de escritorio de Nextcloud, consulte:

Colabore na tradución.