Xestionar os navegadores conectados e os dispositivos
A páxina de axustes persoais permite ter unha visión xeral dos navegadores e dispositivos conectados.
Xestionar os navegadores conectados
Na lista de navegadores conectados verá os navegadores conectados á súa conta recentemente:
Podes usar a icona de lixo para desconectar calquera dos navegadores da lista.
Xestionar os dispositivos
Na lista de dispositivos conectados vense todos os dispositivos e clientes pra os que se xerou un contrasinal de dispositivo e a súa última actividade:
Pode usar a icona de lixo para desconectar calquera dos dispositivos da lista.
Na parte inferior da lista atopará un botón para crear un novo contrasinal específico para o dispositivo. Pode escoller un nome para identificar o testemuño máis adiante. O contrasinal xerado úsase para configurar o novo cliente. O ideal é xerar testemuños individuais para cada dispositivo que conecte á súa conta, de xeito que poida desconectalos individualmente se é necesario:
Nota
Só ten acceso ao contrasinal do dispositivo ao crealo, Nextcloud non gardará o contrasinal en formato de texto, polo que recomendase introducir o contrasinal no novo cliente inmediatamente.
Nota
If you use Usar o segundo factor de autenticación for your account, device-specific passwords are the only way to configure clients. The server will deny connections of clients using your login password then.
Contrasinais específicos de dispositivo e cambios de contrasinais
Para que os cambios de contrasinal nas infraestruturas de usuarios externos, os contrasinais específicos do dispositivo marcanse como non válidas e, unha vez que se produce un acceso da conta de usuario co contrasinal principal, todos os contrasinais específicos de dispositivo se actualizan e funcionan de novo.