Pode conectarse ao seu servidor do Nextcloud mediante calquera navegador web. Abonda con apuntar ao URL do servidor do Nextcloud (p. ex. cloud.exemplo.com) e introducir o seu nome de usuario e contrasinal:
Requisitos do navegador web
Para obter a mellor experiencia coa interface web do Nextcloud, recomendamoslle que use a versión máis recente e compatíbel dun navegador desta lista:
- Microsoft Internet Explorer
Note
Se quere utilizar o Nextcloud Talk, ten que executar Mozilla Firefox 52+ ou Google Chrome/Chromium 49+ para ter unha experiencia satisfactoria coas videochamadas e as pantallas compartidas. Google Chrome/Chromium require un complemento adicional para compartir a pantalla.
Navegando pola interface principal do usuario
De xeito predeterminado, a interface web de Nextcloud ábrese no seu Taboleiro ou na páxina Ficheiros:
En Ficheiros pode engadir, eliminar e compartir ficheiros e facer cambios en función dos privilexios de acceso estabelecidos por vostede (se está a administrar o servidor) ou polo seu administrador do servidor.
A interface de usuario do Nextcloud contén os seguintes campos e funcións:
- Menú de selección de aplicacións (1): situado no canto superior esquerdo, atopará todas as aplicacións que están dispoñíbeis na súa instancia do Nextcloud. Se preme nunha icona de aplicacións redirixirao á aplicación.
- O campo Información sobre as aplicacións (2): situado na barra lateral esquerda, fornece filtros e tarefas asociadas á aplicación seleccionada. Por exemplo, cando está a usar as aplicacións de ficheiros ten un conxunto especial de filtros para atopar rapidamente os seus ficheiros, como os ficheiros que se compartiron con vostede e os ficheiros que compartiu vostede con outros. Verá diferentes elementos para outras aplicacións.
- Vista de aplicación (3): o campo central principal da interface de usuario do Nextcloud. Este campo amosa o contido ou as características de usuario da aplicación seleccionada.
- Barra de navegación (4): situada na xanela de vista principal (a vista da aplicación), esta barra fornece un tipo de navegación de ronsel que permite migrar a niveis máis altos da xerarquía de cartafoles ata o nivel raíz (home).
- Botón Novo (5): situado na barra de navegación, o botón
Novo
permite crear novos ficheiros, novos cartafoles ou enviar ficheiros.
Note
Tamén pode arrastrar e soltar ficheiros dende o xestor de ficheiros na vista da aplicación de Ficheiros para envialos á súa instancia.
- Campo Buscar (6): Prema na lupa no canto superior dereito para buscar ficheiros e entradas da apli actual.
- Menú de Contactos (7): ofrécelle unha vista xeral dos seus contactos e usuarios no seu servidor. Dependendo dos detalles e das aplicacións dispoñíbeis, pode iniciar directamente unha videochamada con eles ou enviar correos electrónicos.
- O botón Ver como grella (8): Semella catro pequenos cadrados que alternan a vista de grade para cartafoles e ficheiros.
- Menú de Axustes (9): prema na súa imaxe de perfil, situada á dereita do campo Buscar, no menú despregábel abra os Axustes. A súa páxina de Axustes ofrece as seguintes configuracións e características:
- Ligazóns para descargar aplicacións de escritorio e móbil
- Uso do servidor e dispoñibilidade de espazo
- Xestión de contrasinais
- Axustes do nome, correo e imaxe de perfil
- Xestionar os navegadores conectados e os dispositivos
- Pertenza a grupo
- Axustes do idioma da interface
- Xestionar notificacións
- ID de nube federada e botóns para compartir redes sociais
- Xestor de certificados SSL/TLS para almacenamentos externos
- Os seus axustes de dous factores
- Información da versión do Nextcloud
Vexa Axustando as suas preferencias para obter máis información sobre esta configuración.