Compartir ficheiros

Os usuarios de Nextcloud poden compartir ficheiros e cartafoles. Os obxectivos posíbeis son:

  • ligazóns públicas

  • usuarios

  • grupos

  • círculos

  • conversas no Talk

  • usuarios ou grupos en servidores de Nextcloud federados

Nota

É posible que algunhas opcións non estean dispoñíbeis por mor da configuración administrativa. Consulte a documentación de administración para obter máis información.

Comparticións internas con usuarios e grupos

Ao compartir con usuarios, grupos, círculos ou membros dunha conversa do Talk, poden axustarse os permisos para os contidos dos ficheiros ou dos cartafoles:

../../_images/sharing_internal.png

Como receptor, pode configurar se quere aceptar automaticamente todos os recursos compartidos entrantes e engadilos ao seu cartafol raíz, ou se quere que se lle solicite cada vez se desexa quere ou rexeitar a compartición.

../../_images/sharing_internal_acceptNotification.png

Para axustar a opción de aceptación, diríxase a AxustesPersoalCompartir:

../../_images/sharing_autoAcceptSetting.png

Advertencia

If the owner renames a shared file or folder, the new name will not be reflected on the recipient’s side. This is needed to prevent overwriting existing files or folders on the recipient’s end.

Outros con acceso

Para saber se un ficheiro ou cartafol é accesíbel a outros mediante a compartición dun nivel superior de xerarquía de cartafoles, prema en Outros con acceso na lapela de compartidos:

../../_images/sharing_others-with-access__collapsed.png

A lista amosa a todos os usuarios, grupos, parolas, etc., aos que se lles permitiu acceder ao obxecto actual mediante a compartición dun cartafol superior na xerarquía:

../../_images/sharing_others-with-access__details.png

Prema nos tres puntos para:

  • ver quen iniciou a compartición

  • ver onde se iniciou a compartición (prema para ir ata o cartafol, ata onde teña acceso)

  • Deixar de compartir o recurso inicial (accesíbel só para o propietario do recurso)

Nota

Esta información só é visible para o propietario dun ficheiro/cartafol ou receptores con permisos para volver compartir.

Comparticións federadas

A compartición federada permítelle montar ficheiros compartidos dende servidores Nextcloud remotos, creando así a súa propia nube de Nextclouds. Pode ligazóns directas de compartición cos usuarios noutros servidores Nextcloud.

Crear unha nova compartición federada

O uso da compartición federada está activado de xeito predeterminado. Siga estes pasos para crear unha nova compartición con outros servidores Nextcloud ou ownCloud:

Acceda á súa páxina Ficheiros e prema na icona Compartir no ficheiro ou directorio que quere compartir. Na barra lateral introduza o nome de usuario e o URL do usuario remoto neste formulario: <username>@<oc-server-url>. Neste exemplo, isto é roi@nube.example.com`:

../../_images/share-federation-1.png

O receptor está a recibir unha notificación no seu Nextcloud, permitíndolles aceptar ou rexeitar o recurso entrante:

../../_images/share-federation-2-notification.png

Engadindo unha compartición pública ao seu Nextcloud

As páxinas de compartición de ligazóns pública de Nextcloud ofrecen unha opción para engadir ese ficheiro ou cartafol como unha compartición federada na súa propia instancia de Nextcloud. Simplemente introduza o seu `` <username>@ <nc-server-url>`` do mesmo xeito que se amosa para as comparticións de saída anteriores:

../../_images/share-federation-3-public.png