Transferir a propiedade
Os usuarios poden transferir a propiedade dos ficheiros e cartafoles a outros usuarios. Tamén se transferirán as propiedades compartidas deses ficheiros/cartafoles transferidos.
Despracese ata Axustes (menú superior dereito) Compartindo.
Na sección Ficheiros, prema en Escoller ficheiro ou cartafol para transferir. Ábrese un selector de ficheiros que amosa todos os ficheiros e cartafoles da conta do usuario.
Escolla un ficheiro ou cartafol e prema en Escoller. Amosarase o nome do ficheiro ou cartafol escollido.
Prema en Cambiar para cambiar a escolla se é necesario.
Escolla un novo propietario escribindo o seu nome no campo de busca xunto a Novo propietario.
Premer en Transferir.
Nota
O autocompletado ou listado automático do nome de usuario pode estar limitado por mor da configuración de visibilidade administrativa. Consulte a documentación de administración para obter máis información.
O usuario destinatario recibe unha notificación onde se lle solicita se acepta ou rexeita a transferencia entrante.
Se o acepta, o usuario destinatario atopa os ficheiros e cartafoles transferidos na súa raíz baixo un cartafol Transferido de [usuario] en [marca de tempo].
O usuario da orixe recibe información sobre a aceptación ou o rexeitamento mediante unha notificación.