Conceptos básicos de Parladoiro de Nextcloud
Parladoiro de Nextcloud permítelle parolar e facer videochamadas no seu propio servidor.
As parolas e as chamadas teñen lugar nas conversas. Pode crear calquera número de conversas. Hai dous tipos de conversas:
Conversas persoais. É unha parola privada ou chamada privada con outro usuario de Parladoiro (un a un). Non pode engadir outras persoas a esta conversa nin compartila cunha ligazón. Para iniciar unha parola directa (un a un), busque outro usuario na barra de buscas e prema sobre o seu nome.
Conversas en grupo. Ademais da persoa que creou a conversa, unha conversa en grupo pode ter calquera número de persoas. Unha conversa de grupo pódese compartir publicamente cunha ligazón, para que usuarios convidados externos poidan unirse a unha chamada. Tamén se pode listar, para que outras persoas da súa instancia de Nextcloud poidan unirse á conversa.
Crear unha parola
Pode crear unha parola directa e individual (un a un) buscando o nome dun usuario, un grupo ou un equipo e premendo sobre el. Para un único usuario, créase inmediatamente unha conversa e pode iniciar a súa parola. Para un grupo ou círculo pode escoller un nome e uns axustes antes de crear a conversa e engadir os participantes.

Se quere crear unha conversa de grupo personalizada, prema no botón que está a rente do campo de busca e do botón de filtros e após prema en Crear unha nova conversa
.

A seguir, pode escoller un nome para a conversa, poñerlle unha descrición e definir un avatar para ela (cunha foto ou un «emoji» enviado) e seleccionar se a conversa debe estar aberta a usuarios externos e se outros usuarios do servidor poden ver a conversa e unirse a ela.

No segundo paso, pode engadir participantes e rematar a creación da conversa.

Após a confirmación, será redirixido á nova conversa e pode comezar a comunicarse de inmediato.

Ver todas as conversas abertas
Pode ver todas as conversas ás que pode unirse premendo no botón a rente do campo de busca e do botón de filtros e, de seguido, Unirse a conversas abertas
.

Filtrar as súas conversas
Pode filtrar as súas conversas usando o botón de filtro situado xunto ao campo de busca. Existen dúas opcións para filtrar: 1. Filtrar mencións non lidas: esta opción permítelle ver conversas de grupo con mencións sen ler ou conversas individuais sen ler. 2. Filtrar mensaxes non lidas: esta opción permítelle ver todas as mensaxes non lidas en todas as conversas ás que se uniu.

Após pode borrar o filtro desde o menú de filtros.

Inserir un «emoji»
Pode engadir un «emoji» usando o selector situado á esquerda do campo de entrada de texto.

Editar mensaxes
Pode editar mensaxes e lendas en ficheiros compartidos ata 6 horas após do envío.

Empregar Markdown
Pode mellorar as súas mensaxes coa axuda da sintaxe de Markdown. Vexa a lista para o seu emprego:
Títulos e divisores
# Heading 1
## Heading 2
### Heading 3
#### Heading 4
##### Heading 5
###### Heading 6
Heading
===
Normal text
***
Normal text
Decoracións na liña
**bold text** __bold text__
*italicized text* _italicized text_
`inline code` ``inline code``
```
.code-block {
display: pre;
}
```
Listas
1. Ordered list
2. Ordered list
* Unordered list
- Unordered list
+ Unordered list
Citas
> blockquote
second line of blockquote
Listas de tarefas
- [ ] task to be done
- [x] completed task
Táboas
Column A | Column B
-- | --
Data A | Data B
Definir o lembrete nas mensaxes
Pode definir lembretes en mensaxes específicas. Se hai unha mensaxe importante que quere que se lle notifique máis adiante, simplemente pase por riba del co rato e prema na icona do lembrete.

No submenú, pode seleccionar un momento axeitado para recibir unha notificación posterior.

Responder mensaxes e moito máis
Pode responder a unha mensaxe usando a frecha que aparece cando pasa o rato sobre nunha mensaxe.

No menú …
tamén pode optar por responder en privado. Isto abrirá unha parola un a un.

Aquí tamén pode crear unha ligazón directa á mensaxe ou marcala como non lida para que se desprace ata ela a próxima vez que entre na parola. Cando se trate dun ficheiro, pode velo en Ficheiros.
Mensaxes silandeiras
Se non quere molestar a ninguén no medio da noite, hai un modo silandeiro para parolar. Mentres estea activado, os outros participantes recibirán notificacións das súas mensaxes.

Xestionar unha conversa
Vde. sempre é moderador na súa nova conversa. Na lista de participantes pode promover a outros participantes a moderadores usando o menú …
á dereita do seu nome de usuario, asignarlles permisos personalizados ou retiralos da conversa.
Cambiar os permisos dun usuario que se uniu a unha conversa pública tamén o engadirá permanentemente á conversa.

Os moderadores poden configurar a conversa. Seleccione Axustes da conversa
no menú ...
da conversa na parte superior para acceder aos axustes.

Aquí pode configurar a descrición, o acceso de convidado, se a conversa é visíbel para os demais no servidor e máis.

Caducidade das mensaxes
Un moderador pode configurar a caducidade da mensaxe en Axustes da conversa
dentro da sección de Moderación
. Unha vez que unha mensaxe acada o seu tempo de caducidade, retirase automaticamente da conversa. As duracións de caducidade dispoñíbeis son 1 hora, 8 horas, 1 día, 1 semana, 4 semanas ou nunca (que é o axuste predeterminado).

Iniciar unha chamada
Cando está nunha conversa, pode iniciar unha chamada en calquera momento co botón Iniciar chamada
. Outros participantes recibirán unha notificación e poderán unirse á chamada.

Se alguén xa iniciou unha chamada, o botón converterase nun botón verde Unirse á chamada
.

Durante unha chamada, pode silenciar o micrófono e desactivar o seu vídeo cos botóns da parte dereita da barra superior, ou usando os atallos M
para silenciar o son e V
para desactivar o vídeo. Tamén pode usar a barra de espazo
para desactivar o silencio. Cando estea silenciado, premendo a barra de espazo activarao para que poida falar ata que solte a barra de espazo. Se está desactivado o silencio, ao premer espazo silenciarao ata que o solte.
Podes agochar o seu vídeo (útil durante unha compartición de pantalla) coa pequena frecha situada enriba do fluxo de vídeo. Volva amosalo coa pequena frecha.
Pode acceder aos seus axustes e escoller unha cámara web, un micrófono e outros axustes no menú …
da barra superior.

Desde o diálogo de axustes de multimedia, tamén pode cambiar o fondo do seu vídeo.

Pode cambiar outras opcións no diálogo Axustes de Parladoiro
.

Cambiar a vista nunha chamada
Pode cambiar a vista nunha chamada coa pequena icona de catro bloques no canto superior dereito entre a vista promovida e a vista en grade. A vista en grade amosará a todos igual de grandes e, se as persoas non caben na pantalla, aparecerán botóns á esquerda e á dereita que lle permitirán desprazarse.

A vista promovida amosa o falante en grande e aos demais nunha fila abaixo. Se as persoas non caben na pantalla, aparecerán botóns á esquerda e á dereita que lle permitirán desprazarse.
