Control de versións

Nextcloud admite un sistema de control de versións sinxelo para os ficheiros. O control de versións crea copias de seguranza de ficheiros accesíbeis a través da lapela Versións na barra lateral de detalles. Esta lapela contén o historial do ficheiro onde pode reverter un ficheiro a calquera versión anterior. Os cambios feitos a intervalos superiores a dous minutos gárdanse en datos/[usuario]/versións.

../../_images/files_versioning.png

Para restaurar unha versión específica dun ficheiro, prema na frecha circular á dereita. Prema na marca de tempo para descargalo.

A aplicación de versións declara caducas as versións antigas automaticamente para asegurarse de que o usuario non queda sen espazo. Para eliminar as versións antigas úsase este patrón:

  • No primeiro segundo gardamos unha versión

  • Durante os primeiros 10 segundos Nextcloud mantén unha versión cada 2 segundos

  • Durante o primeiro minuto Nextcloud mantén unha versión cada 10 segundos

  • Durante a primeira hora Nextcloud mantén unha versión cada minuto

  • Durante as primeiras 24 horas Nextcloud mantén unha versión cada hora

  • Nos primeiros 30 días Nextcloud mantén unha versión cada día

  • Após os primeiros 30 días Nextcloud mantén unha versión cada semana

As versións axústanse ao longo deste patrón cada vez que se crea unha nova versión.

A aplicación de versións nunca emprega máis do 50% do espazo libre dispoñíbel do usuario. Se as versións almacenadas superan este límite, Nextcloud elimina as versións máis antigas ata que volva cumprir co límite de espazo no disco.

Nomear unha versión

Pode darlle un nome a unha versión.

../../_images/files_versions_actions.png
../../_images/files_versions_naming.png

Cando unha versión teña un nome, excluirase do proceso de caducidade automática.

Eliminar unha versión

Tamén pode eliminar manualmente unha versión sen agardar ao proceso de caducidade automática.