O actualizador automático
O actualizador automático asegura que sempre ten as últimas funcionalidades e correccións de erros para o seu cliente de sincronización de Nextcloud.
O actualizador automático Actualiza só en computadoras macOS e Windows; Os usuarios de Linux só precisan usar os seus xestores de paquetes normais. Non obstante, nos sistemas Linux o actualizador comprobará as actualizacións e avisará cando estea dispoñíbel unha nova versión.
Fluxo básico de traballo
As seguintes seccións describen como usar o actualizador automático en diferentes sistemas operativos.
Windows
O cliente de NextCloud comproba as actualizacións e descárgaas cando están dispoñíbeis. Pode ver o estado de actualización en Axustes > Xeral > Actualizacións
no cliente de NextCloud.
Se hai unha actualización dispoñíbel e foi descargada correctamente, o cliente NextCloud inicia unha actualización silenciosa antes do seu seguinte inicio e após reiníciase. Se a actualización silenciosa falla, o cliente ofrece unha descarga manual.
Nota
Necesítanse privilexios administrativos para realizar a actualización.
macOS
O cliente de macOS ten un actualizador automático que emprega o marco de traballo Sparkle. Este actualizador automático está incluído mo paquete de aplicación do cliente e comproba se hai actualizacións ao iniciarse, notificándoo se hai unha actualización dispoñíbel. Isto presentará unha xanela emerxente que lle permitirá descargar e instalar automaticamente a última actualización do cliente premendo só unha vez.
Nas versións do cliente nas que non está empaquetado o actualizador automático baseado en Sparkle, aparecerá unha notificación, para premer nela, informando dunha actualización dispoñíbel. Ao premer na devandita notificación, abrirase a páxina de descarga da última versión do cliente no navegador web do sistema.
Coma noutros sistemas, pode ver o estado de actualización en Axustes > Xeral > Actualizacións
no cliente NextCloud.
Linux
As distribucións de Linux fornecen as súas propias ferramentas de actualización, polo que os clientes de NextCloud que usan o sistema operativo Linux non realizan actualizacións por conta propia. O cliente informaralle (Axustes > Xeral > Actualizacións
) cando estea dispoñíbel unha actualización.
Evitar as actualizacións automáticas
En contornos controlados, como empresas ou universidades, é posíbel que non queira activar o mecanismo de actualización automática, xa que interfire con ferramentas e directivas de despregadura controladas. Para abordar este caso, é posíbel desactivar completamente o actualizador automático. As seguintes seccións describen como desactivar o mecanismo de actualización automática para diferentes sistemas operativos.
Evitar as actualizacións automáticas en contornos Windows
Os usuarios poden desactivar as actualizacións automáticas engadindo esta liña á sección [General] dos seus ficheiros nextcloud.cfg
:
skipUpdateCheck=true
Os administradores de Windows teñen máis opcións para evitar as actualizacións automáticas nos contornos de Windows mediante un dos dous métodos. O primeiro método permite aos usuarios anular o mecanismo de comprobación de actualización automática, mentres que o segundo método impide calquera anulación manual.
Para evitar actualizacións automáticas, mais permitir as anulacións manuais:
Edite estas claves do rexistro:
(Windows 32-bit)
HKEY_LOCAL_MACHINE\Software\Nextcloud\Nextcloud
(Windows 64-bit)
HKEY_LOCAL_MACHINE\Software\Wow6432Node\Nextcloud\Nextcloud
Engada a clave
skipUpdateCheck
(ou escriba DWORD).Especifique un valor de
1
á máquina.
Para anular manualmente esta clave, use o mesmo valor en HKEY_CURRENT_USER
.
Para evitar actualizacións automáticas e non permitir anulacións manuais:
Nota
Este é o método preferido de controlar o comportamento do actualizador mediante as directivas de grupo.
Edite esta clave do rexistro:
HKEY_LOCAL_MACHINE\Software\Policies\Nextcloud GmbH\Nextcloud
Engada a clave
skipUpdateCheck
(ou escriba DWORD).Especifique un valor de
1
á máquina.
Nota
Os clientes de marca teñen nomes de clave diferentes
Evitar as actualizacións automáticas en contornos Linux
Debido a que o cliente Linux non fornece unha funcionalidade de actualización automática, non é necesario retirar a comprobación de actualización automática. Non obstante, se quere desactivalo, edite o seu ficheiro de configuración do cliente de escritorio, $HOME/.config/Nextcloud/nextcloud.cfg
. Engada esta liña á sección [General]:
skipUpdateCheck=true