Usar o cliente de sincronización
O cliente de escritorio de NextCloud permanece nun segundo plano e é visíbel como icona na bandexa do sistema (Windows, KDE), barra de menú (macOS ou área de notificación (Linux).

O indicador de estado usa iconas para indicar o estado actual da sincronización. O círculo verde coa marca de verificación branca dille que a súa sincronización é actual e está conectado ao servidor NextCloud.

A icona azul cos semicírculos brancos significa que a sincronización está en proceso.

A icona gris coas liñas paralelas indica que a súa sincronización foi detida. (Moi probabelmente por Vde.)

A icona gris con tres puntos brancos significa que o seu cliente de sincronización perdeu a conexión co servidor NextCloud.

Cando ve un círculo marelo co signo «!» é a icona informativa, polo que debe premer nela para ver o que ten que dicirlle.

O círculo vermello co «x» branco indica un erro de configuración, como un acceso ou un URL de servidor incorrecto.
Icona da área de notificación
Premer co botón primario (dereito) do rato na icona da área de notificación abre un menú para o acceso rápido a varias operacións.

Este menú fornece as seguintes opcións:
Abrir o diálogo principal
Pausar a sincronización/Continuar coa sincronización
Axustes
Sair de NextCloud, pechar a sesión e pechar o cliente
Premer co botón secundario (esquerdo) na icona da área de notificación abre o diálogo principal do cliente de escritorio.

Os diálogos principais amosan actividades recentes, erros e notificacións do servidor.
Ao premer no diálogo principal e após no avatar do usuario, pódense abrir os axustes.
Configurar os axustes da conta de NextCloud

Na parte superior da xanela hai lapelas para cada conta de sincronización configurada e outras dúas para Xeral e para os axustes de Rede. Nas lapelas da súa conta ten as seguintes funcionalidades:
Estado da conexión, amosando a que servidor NextCloud está conectado e o seu nome de usuario de NextCloud.
Espazo usado e dispoñíbel no servidor.
Estado actual da sincronización.
Botón Engadir a conexión da sincronización do cartafol.
O pequeno botón con tres puntos (o menú de desbordamento) que se sitúa á dereita da barra de estado de sincronización fornece opcións adicionais:
Abrir o cartafol
Escoller que sincronizar (isto só aparece cando a árbore de ficheiros está contraída e expande a árbore de ficheiros)
Pausar a sincronización / Continuar coa sincronización
Retirar a conexión de sincronización do cartafol
Dispoñibilidade (dispoñíbel só se está activada a compatibilidade con ficheiros virtuais)
Enable virtual file support/Disable virtual file support
Abrir o cartafol abre o cartafol local de sincronización NextCloud.
Pausar a sincronización fai unha pausa nas operacións de sincronización sen facer ningún cambio na súa conta. Continuará actualizando as listas de ficheiros e cartafoles, sen descargar nin actualizar ficheiros. Para deter toda a actividade de sincronización empregue Retirar a conexión de sincronización do cartafol.

Nota
NextCloud non conserva o mtime (tempo de modificación) dos directorios, aínda que actualiza os mtimes nos ficheiros. Consulte A data do cartafol cando se sincroniza é incorrecta para debater sobre disto.
Engadir novas contas
Pode configurar varias contas de Nextcloud no seu cliente de sincronización do escritorio. Simplemente prema no botón Conta → Engadir nova en calquera lapela da conta para engadir unha nova conta e logo siga o asistente para a creación da conta. A nova conta aparecerá como un novo separador no diálogo de axustes, onde poderá definir os seus axustes en calquera momento. Empregue Conta → Retirar para eliminar contas.
Iconas de superposición do xestor de ficheiros
O cliente de sincronización de NextCloud fornece iconas de superposición, ademais das iconas normais do tipo de ficheiro, para o seu xestor de ficheiros do sistema (Explorer en Windows, Finder en Mac e Nautilus en Linux) para indicar o estado de sincronización dos seus ficheiros NextCloud.
As iconas de superposición son semellantes ás iconas da área de notificación introducidas anteriormente. Comportanse de xeito diferente en ficheiros e directorios segundo o estado de sincronización e dos erros.
A icona de superposición dun ficheiro individual indica o seu estado de sincronización actual. Se o ficheiro está en sincronía coa versión do servidor, amosa unha marca de verificación verde.
Se o ficheiro é ignorado ao sincronizar, por exemplo porque está na súa lista de exclusión ou porque é unha ligazón simbólica, amosa unha icona de advertencia.
Se se produce un erro de sincronización ou o ficheiro está na lista de bloqueo, amosa unha vistosa X vermella.
Se o ficheiro está agardando a ser sincronizado ou está a sincronizarse actualmente, a icona de superposición amosa unha icona de ciclo azul.
Cando o cliente está desconectado, non se amosan as iconas que reflicten que o cartafol está sen sincronía e que non se sincronizan cambios no servidor.
A icona de superposición dun directorio sincronizado indica o estado dos ficheiros do directorio. Se hai erros de sincronización, o directorio está marcado cunha icona de advertencia.
Se un directorio inclúe ficheiros ignorados marcados con iconas de advertencia que non alteran o estado dos directorios principais/superiores.
Definir o estado do usuario
Se ten instalada a aplicación de estado de usuario no servidor NextCloud, pode definir o seu estado de usuario desde o cliente de escritorio. Para facelo, abra o diálogo principal. De seguido prema no seu avatar e logo prema nos tres puntos. No menú que se abre prema en Definir o estado.

Na caixa de diálogo que se abre, pode definir o seu estado en liña se preme en Conectado/a, Ausente, Non molestar ou Invisíbel. Tamén pode definir unha mensaxe de estado personalizada co campo de texto a seguir ou escoller unha das mensaxes de estado predefinidas en baixo. Tamén é posíbel definir un «emoji» personalizado se preme no botón co «emoji» a carón do campo de entrada de texto. A última cousa que pode querer definir é cando se debe limpar o seu estado de usuario. Pode escoller o período tras o cal se limpará o estado do usuario premendo no botón da esquerda do texto Limpar a mensaxe de estado após.

Se estás satisfeito co estado que creou, pode activar este estado co botón Definir a mensaxe de estado. Se xa tiña un definido un estado, pode limpar o estado premendo no botón Limpar a mensaxe de estado.
Xanela xeral
A xanela xeral ten opcións de configuración como Executar ao iniciar o sistema, Usar iconas monocromáticas e Amosar notificacións de escritorio. Aquí é onde atopará o botón Editar ficheiros ignorados, para iniciar o editor de ficheiros ignorados e Preguntar se se queren sincronizar novos cartafoles de máis de [tamaño do cartafol].

Usar a xanela de rede
A xanela Axustes da rede permítelle definir os axustes do proxy de rede e tamén limitar o largo de banda para a descarga e o envío.

Usar o editor de ficheiros ignorados
Poida que teña algúns ficheiros ou cartafoles locais dos que non queira facer unha copia de seguranza e gardar no servidor. Para identificar e excluír estes ficheiros ou directorios, pode empregar o Editor de ficheiros ignorados (lapela Xeral).

Para a súa comodidade, o editor está precuberto cunha lista predeterminada de patróns para ignorar habituais. Estes patróns atópanse nun ficheiro do sistema (normalmente sync-exclude.lst
) situado no directorio de aplicacións de cliente de NextCloud. Non pode modificar estes patróns precubertos directamente desde o editor. Porén, se é necesario, pode pasar o rato por rba de calquera patrón da lista para amosar a ruta e o nome de ficheiro asociado a ese patrón, localizar o ficheiro e editar o ficheiro sync-exclude.lst
.
Nota
Modificar o ficheiro de definición de exclusión global pode facer que o cliente non sexa usábel ou provocar un comportamento non desexado.
Cada liña do editor contén unha cadea de patrón a ignorar. Ao crear patróns personalizados, ademais de poder usar caracteres normais para definir un patrón a ignorar, pode usar caracteres comodín para os valores coincidentes. Como exemplo, pode empregar un asterisco (*
) para identificar un número arbitrario de caracteres ou un signo de interrogación (?
) Para identificar só carácter.
Os patróns que rematan cun carácter de barra invertida (/
) aplícanse só a compoñentes do directorio da ruta que se está a verificar.
Nota
Actualmente as entradas personalizadas non son validadas para a corrección sintáctica polo editor, polo que non verá ningunha advertencia por mala sintaxe. Se a sincronización non funciona como agardaba, comprobe a sintaxe.
Cada cadea de patrón da lista vai seguida dunha caixa de selección. Cando a caixa de selección contén unha marca de comprobación, ademais de ignorar o ficheiro ou o compoñente de directorio que coincide co patrón, calquera ficheiro coincidente tamén se considera «metadatos fugaces» e é retirado polo cliente.
Ademais de excluír ficheiros e directorios que empreguen patróns definidos nesta lista:
O Cliente de Nextcloud sempre exclúe os ficheiros que conteñen caracteres que non se poden sincronizar con outros sistemas de ficheiros.
Retiraranse os ficheiros que causan erros individuais tres veces durante a sincronización. Con todo, o cliente ofrece a opción de volver tentar unha sincronización tres veces máis en ficheiros que producen erros.