Conflitos

Vista xeral

O cliente de escritorio de NextCloud envía os cambios locais e descarga cambios remotos. Cando un ficheiro cambia no lado local e no lado remoto entre sincronizacións, o cliente non poderá resolver a situación por si só. Creará un ficheiro de conflito coa versión local, descargará a versión remota e notificará ao usuario que se produciu un conflito que precisa atención.

Exemplo

Imagine there is a file called mydata.txt in your synchronized folder. It has not changed for a while and contains the text «contents» locally and remotely. Now, nearly at the same time you update it locally to say «local contents» while the file on the server gets updated to contain «remote contents» by someone else.

Ao tentar enviar os seus cambios locais, o cliente de escritorio decatase de que a versión do servidor tamén cambiou. Isto crea un conflito e agora terá dous ficheiros na súa máquina local:

  • as-miñas-cousas.txt que contén o texto «contidos remotos»

  • as-miñas-cousas (copia en conflito 2018-04-10 093612).txt que contén o texto «contidos locais»

Nesta situación, o ficheiro as-miñas-cousas.txt` ten os cambios remotos (e seguirá a ser actualizado con máis cambios remotos cando se produzan), mais os seus axustes locais non se enviaron ao servidor (a non ser que o servidor permita o envío de conflitos , consulte máis abaixo).

O cliente de escritorio notifica esta situación mediante notificacións do sistema, a icona da área de notificación e unha insignia amarela de «conflitos sen resolver» na xanela de axustes da conta. Ao premer nesta insignia amosase unha lista que inclúe os conflitos non resoltos e ao premer nunha delas abre unha xanela do explorador apuntando ao ficheiro correspondente.

Para resolver este conflito, abra os dous ficheiros, compare as diferenzas e copie os cambios locais do ficheiro «copia en conflito» no ficheiro base, se procede. Neste exemplo, pode cambiar as-miñas cousas.txt para dicir «contidos locais e remotos» e eliminar o ficheiro con «copia en conflito» no seu nome. Con iso, o conflito está resolto.

Enviando conflitos (experimental)

De xeito predeterminado, o ficheiro de conflito (o ficheiro con «copia en conflito» no seu nome que contén os seus cambios locais en conflito) non se envía ao servidor. A idea é que vostede, o autor dos cambios, é a persoa axeitada para resolver o conflito e amosar o conflito aos demais pode crear confusión.

Non obstante, nalgúns escenarios ten moito sentido enviar estes cambios en conflito de xeito que o traballo local poida facerse visíbel mesmo se o conflito non se resolve inmediatamente.

No futuro pode haber un cambio no lado do servidor para este comportamento. Polo de agora xa se pode probar definindo a variábel de contorno OWNCLOUD_UPLOAD_CONFLICT_FILES=1.