Preguntas frecuentes — FAQ
Como traballa a funcionalidade «Editar localmente»
Esta funcionalidade depende da capacidade do cliente de escritorio para rexistrar o MIME para xestionar o esquema «nc://» Ese é o xestor empregado polo servidor para abrir un ficheiro localmente. Isto permitirá ao cliente de escritorio abrir un documento co editor local cando prema na opción «Editar localmente» na súa instancia de NextCloud.
Nota
Sen rexistrar correctamente o MIME, independente do navegador e distro que se estea a empregar, o cliente de escritorio non abrirá un documento co editor local cando prema na opción «Editar localmente» na súa instancia de NextCloud.
O navegador avisará do fallo: «Non foi posíbel iniciar «nc://…» porque o esquema non ten un controlador rexistrado».
Como activala
Para iso, ten que instalar o cliente de escritorio co instalador MSI en Windows ou usar un software de terceiros para integrar a AppImage no seu sistema en Linux.
En Linux
Empregamos AppImage por mos da súa compatibilidade universal, mais para aproveitar as características do cliente de escritorio necesitará un software de terceiros para integrar a AppImage no seu sistema: probamos AppImageLauncher e como alternativa existe Go AppImage.
En Windows
O instalador MSI alterará o rexistro do sistema para rexistrar o MIME para xestionar o esquema «nc://».
Alternativamente, pode rexistrar manualmente o MIME para xestionar o esquema «nc://»:
Garde o seguinte contido nun ficheiro .reg:
Windows Registry Editor Version 5.00
[HKEY_CLASSES_ROOT\nc\shell\open\command]
@="\"C:\\Program Files\\Nextcloud\\nextcloud.exe\" \"%1\""
Prema dúas veces no ficheiro .reg para importalo ao rexistro.
Consulte https://nextcloud.com/blog/nextcloud-office-release-solves-document-compatibility-overhauls-knowledge-management/ para obter máis información.
Algúns ficheiros están a ser enviados continuamente ao servidor, mesmo cando non se modifican.
É posíbel que outro programa estea cambiando a data de modificación do ficheiro. Se o ficheiro usa a extensión .eml
, Windows cambia automática e continuamente todos os ficheiros, a non ser que retire \HKEY_LOCAL_MACHINE\SOFTWARE\Microsoft\Windows\CurrentVersion\PropertySystem\PropertyHandlers
do rexistro de Windows. Consulte http://petersteier.wordpress.com/2011/10/22/windows-indexer-changes-modification-dates-of-eml-files/ para obter máis información.
A sincronización detense ao intentar sincronizar a unha profundidade de máis de 100 subdirectorios.
O cliente de sincronización foi intencionalmente limitado a sincronizar non máis profundamente de 100 subdirectorios. O límite estrito existe para protexerse de erros con ciclos como bucles de ligazóns simbólicas. Cando se exclúe da sincronización un directorio aniñado moi profundamente, aparecerá listado xunto con outros ficheiros e directorios ignorados na lapela «Non sincronizado» do panel «Actividade».
Houbo unha advertencia sobre os cambios nos cartafoles sincronizados que non están a ser rastrexados de xeito fiábel.
En Linux cando o cartafol sincronizado contén moitos subcartafoles, o sistema operativo pode non permitir que haxa supervisores de inotify abondo para monitorizar os cambios en todos eles.
Neste caso o cliente non poderá iniciar inmediatamente o proceso de sincronización cando cambie un ficheiro nun dos cartafoles non monitorizados. En troques diso, o cliente amosará a advertencia e escaneará manualmente os cartafoles na busca de cambios nun intervalo regular (dúas horas como predeterminado).
Este problema pódese resolver axustando fs.inotify.max_user_watches sysctl a un valor máis alto. Normalmente isto pódese facer de xeito temporal:
echo 524288 > /proc/sys/fs/inotify/max_user_watches
ou permanentemente axustando /etc/sysctl.conf
.
Quero mover o meu cartafol local de sincronización
O cliente de escritorio de NextCloud non fornece un xeito de cambiar o directorio de sincronización local. Non obstante, pódese facer, aínda que sexa un chisco ilóxico. En concreto, ten que:
Retirar a conexión existente que se sincroniza co directorio incorrecto
Engadir unha nova conexión que se sincroniza co directorio desexado

Para iso, na interface de usuario do cliente, que pode ver acima, prema no menú despregábel «Conta» e, a seguir, prema en «Retirar». Isto amosará unha xanela de diálogo para «Confirmar a retirada da conta».

Se está seguro, Prema en «Retirar a conexión».
A continuación, prema de novo no menú despregábel de Conta e desta volta prema en «Engadir nova».

Isto abre o Asistente de conexión de NextCloud, que pode ver máis arriba, mais cunha opción adicional. Esta opción fornece a posibilidade de: manter os datos existentes (sincronizados pola conexión anterior) ou para iniciar unha sincronización limpa (borrando os datos existentes).
Importante
Teña coidado antes de escoller a opción «Iniciar unha sincronización limpa». O antigo cartafol de sincronización pode conter unha cantidade considerábel de datos, que poden ser gigabytes ou terabytes. Se o fai, após que o cliente cree a nova conexión, terá que descargar toda esa información de novo. En troques disto, primeiro mova ou copie o antigo cartafol de sincronización local, que contén unha copia dos ficheiros existentes, para a nova localización. Entón, ao crear a nova conexión, en troques escolla «manter os datos existentes». O cliente de NextCloud comprobará os ficheiros do cartafol de sincronización recén engadido e atopará que coinciden co que hai no servidor e non precisa descargar nada.
Faga a súa escolla e prema en «Conectar…». Isto levarao a través do Asistente de conexión, como o fixo cando configurou a conexión de sincronización anterior, mais dándolle a oportunidade de escoller un novo directorio de sincronización.