Definir mensaxes de «fóra da oficina»
Se está ausente por vacacións, baixa por enfermidade ou semellante, pode engadir unha mensaxe de «fóra da oficina» na sección de Ausencia nos axustes de Dispoñibilidade.
A interface pregunta o tempo de ausencia, unha mensaxe curta, outra longa e, opcionalmente, un usuario substituto. Estes datos úsanse para o seguinte:
O seu estado de usuario cambiará á mensaxe curta cando a súa ausencia comece e restabelecerase cando remate.
An event with status busy will be created in your personal calendar. This allows others to see that you are not available when they use the free/busy feature.
Se está activado, a aplicación de Correo aplicará unha resposta automática empregando a mensaxe longa.
A aplicación Parladoiro amosará a mensaxe longa de «fóra da oficina» aos demais cando intenten achegarse a Vde. nunha parola 1:1 durante a súa ausencia, así como o usuario de substitución se está definido.