Usar a aplicación Contactos
A aplicación Contactos non está activada de xeito predeterminado en Nextcloud latest e hai que instalala por separado desde a nosa tenda de aplicacións.
A aplicación de Contactos de Nextcloud é semellante a outras aplicacións de contactos móbiles, mais con máis funcionalidade. Vexamos as funcións básicas que lle axudarán a manter o seu caderno de enderezos na aplicación.
Deseguido, aprenderá a engadir contactos, editar ou retirar contactos, enviar unha imaxe de contacto e xestionar os seus cadernos de enderezos.
Engadir contactos
Cando accede por primeira vez á aplicación Contactos, aparece o caderno de enderezos do sistema que contén todos os usuarios da instancia que ten permisos para ver, ademais dun caderno de enderezos predeterminado baleiro:

Caderno de enderezos predeterminado (baleiro)
Para engadir contactos ao seu caderno de enderezos, pode empregar un dos seguintes métodos:
Importar contactos usando un Ficheiro de Contacto Virtual (VCF/vCard).
Engadir contactos manualmente
O xeito máis rápido de engadir un contacto é empregar un Ficheiro de Contacto Virtual (VCF/vCard).
Importación de contactos virtuais
Para importar contactos usando un ficheiro VCF/vCard:
Na parte superior esquerda da pantalla ten o botón «Importar contactos» que se amosa só cando aínda non ten ningún contacto.
Busque «Axustes» na parte inferior da barra lateral esquerda, xunto ao botón de engrenaxe:
Prema no botón de engrenaxe. Aparecerá o botón «Importar» da aplicación Contactos:
Nota
A aplicación Contactos só admite a importación de vCards versión 3.0 e 4.0.
Prema no botón «Importar» e envíe o ficheiro VCF/Vcard.
Após completar a importación, verá o seu novo contacto no seu caderno de enderezos.
Engadir contactos manualmente
Se non pode importar contactos virtuais, a aplicación Contactos permítelle engadir contactos manualmente.
Para crear un novo contacto
Prema no botón
+ Novo contacto
.Ábrese unha nova configuración de contacto baleira no campo Vista da aplicación:
Indique a nova información de contacto e prema en Gardar.
O modo de Vista amosase cos datos que engadiu
Editar ou retirar información dun contacto
A aplicación Contactos permite editar ou retirar información dos contactos.
Para editar ou retirar información dun contacto
Desprácese ata o contacto específico que quere modificar.
Seleccione a información no campo que quere editar ou retirar.
Faga as súas modificacións ou prema no cesto do lixo.
Os cambios ou retiradas realizadas en calquera información de contacto aplicaranse de inmediato.
Non todos os contactos serán editábeis por Vde. O caderno de enderezos do sistema non lle permite modificar os datos doutros, só os seus. Os seus propios datos tamén se poden modificar nos axustes do usuario.
Imaxe do contacto
Para engadir unha imaxe para os seus novos contactos, prema no botón de envío:

Após ter definida unha imaxe de contacto, verase como:

Se quere enviar unha nova, retirala, ollala a tamaño completo ou descargala, prema na imaxe de contactos para que aparezan as seguintes opcións:

If the administrator allows updates from social media in the admin groupware settings, users can also retrieve contact pictures directly from social networks. In that case the contact needs to have stored a user name in the social media section. Each entry of a supported social network adds a download entry for the respective network. Currently, the following social networks are supported:
Instagram
Mastodon
Tumblr
Diaspora
Xing
Telegram
Gravatar
Social avatars are only retrieved if publicly available without login to the respective social network. In the contact user settings on the contacts page, you can activate auto-updates from social media. This will update avatars with social profile data on a weekly basis. Social networks are checked in the order listed above.
Xestionar varios contactos á vez
A aplicación Contactos permítelle seleccionar varios contactos e realizar accións por lotes sobre eles. Para seleccionar varios contactos, prema na imaxe de perfil de cada contacto individualmente ou prema na imaxe de perfil do primeiro contacto e, mentres mantén premida a tecla Maiúsculas, prema noutro contacto da lista para seleccionar todos os contactos entre o primeiro e o segundo.
Isto fará aparecer un menú na parte superior da lista de contactos con varias accións que pode realizar nos contactos seleccionados:

No modo por lotes, o botón da icona de cruz desmarcará todos os contactos seleccionados, mentres que o botón da icona do cesto do lixo eliminará todos os contactos seleccionados.
Nota
É posíbel que Vde. non poida modificar ou eliminar certos contactos, por exemplo se están nun caderno de enderezos só de lectura. Neste caso, as accións relevantes serán desactivadas.
Fusionar contactos duplicados
Para fusionar contactos, seleccione dous contactos e prema no botón da icona «Fusionar contactos» na parte superior da lista de contactos, isto abrirá un diálogo que lle axudará a fusionar contactos duplicados. O diálogo de fusión amosará os detalles de ambos os contactos un a carón do outro, e pode escoller que detalles manter no contacto fusionado.
Calquera propiedade cun botón de opción (circular) só pode ter un valor, polo que debe seleccionarse un dos dous valores (como o nome do contacto, que só pode ter un valor), mentres que as caixas de selección (botóns cadrados) permiten manter ambos os valores se o desexa (como números de teléfono ou enderezos de correo-e, que poden ter varios valores).
Se algún dos contactos forma parte dun grupo, de xeito predeterminado o contacto fusionado formará parte de todos os grupos dos que formaban parte os dous contactos. Pode desmarcar calquera grupo durante a fusión se non quere que o contacto fusionado forme parte deles.
Nota
Polo de agora só pode fusionar dous contactos á vez, e naturalmente só pode fusionar contactos que poidan ser modificados por Vde. Se a acción de fusión está desactivada, comprobe que seleccionou contactos que coincidan con esas condicións.
Organizar os seus contactos cos grupos de contactos
Os grupos de contactos axúdanlle a organizar os seus contactos en grupos.
Para crear un novo grupo de contacto, prema no signo máis (+
) á beira de «Grupos de contacto» na barra lateral esquerda.
Nota
Os grupos de contactos deben ter polo menos un membro para poder ser gardados. Teña en conta que só pode engadir contactos de cadernos de enderezos editábeis a grupos de contactos. Non é posíbel engadir contactos de cadernos de enderezos de só lectura, como o caderno de enderezos do sistema.
Engadir e xestionar cadernos de enderezos
Prema no botón «Axustes» (engrenaxe) situado na parte inferior da barra lateral esquerda para acceder aos axustes da aplicación Contactos. Este campo amosa todos os cadernos de enderezos dispoñíbeis, certas opcións para cada caderno de enderezos e permítelle crear novos cadernos de enderezos, simplemente especificando o nome dun:

Nos axustes de Contactos tamén se pode compartir, exportar e eliminar cadernos de enderezos. Alí atopará os URL de CardDAV.
Nota
Nos cadernos de enderezos desactivados non se amosan os contactos nin na aplicación nin no menú de Contactos.
Vexa Software de traballo en grupo para obter máis información sobre a sincronización dos seus cadernos de enderezos con iOS, macOS, Thunderbird e outros clientes CardDAV.
Equipos
A colaboración informal ten lugar dentro das organizacións: un evento para organizar durante unhas semanas, unha pequena sesión de ideación entre membros de diferentes entidades, obradoiros, un lugar para facer bromas e apoiar a formación de equipos, ou simplemente en organizacións moi orgánicas nas que se mantén a estrutura formal no mínimo.
Por todas estas razóns, Nextcloud admite Equipos, unha funcionalidade integrada na aplicación Contactos, na que cada usuario pode crear o seu propio equipo, un conxunto de contas definido polo usuario. Os equipos pódense usar máis tarde para compartir ficheiros e cartafoles, e engadilos ás conversas de Parladoiro, como un grupo normal.

Crear un equipo
No menú da esquerda, prema no +
xunto a Equipos. Defina un nome de equipo. Ao estar na pantalla de configuración do equipo, pode:
Engadir membros ao seu equipo
Premer no menú de tres puntos á beira dun usuario permítelle modificar o seu rol dentro do equipo.
Roles do equipo
Os equipos admiten 4 tipos de roles:
Membro
Moderador
Admin., pode configurar as opcións do equipo (+permisos de moderador)
Propietario
Membro
Membro é o rol con menos permisos. Un membro só pode acceder aos recursos compartidos co equipo e ver os membros do equipo.
Moderador
Ademais dos permisos dos membros, un moderador pode convidar, confirmar convites e xestionar os membros do equipo.
Admin
Ademais dos permisos de moderador, un admin pode configurar as opcións do equipo.
Propietario
Ademais dos permisos de admin, un propietario pode transferir a propiedade do equipo a outro membro do equipo. Só pode haber un único propietario por equipo.
Engadir membros a un equipo
As contas locais, os grupos, os enderezos de correo ou outros equipos poden ser engadidos como membros a un equipo. Para un grupo ou un equipo, o rol aplícase a todos os membros do grupo ou equipo.
Opcións do equipo
Existen varias opcións que se explican por si mesmas para configurar un equipo, xestionar os convites e os membros, a visibilidade do equipo, o permiso de pertenza a outros equipos e a protección por contrasinal.