Usar a aplicación Correo

Nota

A aplicación Correo vén instalada con Nextcloud Hub de xeito predeterminado, mais pódese desactivar. Pídallo á administración da súa instancia.

../../_images/mail.png

Xestionar a súa conta de correo

Cambiar o deseño

Added in version 3.6.

  1. Vaia aos axustes de correo

  2. Escolla entre Lista, División vertical e División horizontal

../../_images/mail_layout.png

Engadir unha nova conta de correo

  1. Active a aplicación de correo desde as aplicacións

  2. Prema na icona de correo na cabeceira

  3. Encha o formulario de acceso (automático ou manual)

../../_images/new-mail-account.png

Cambiar o criterio de ordenación

Added in version 3.5.

  1. Vaia aos axustes de correo

  2. Vaia a Ordenación

  3. Pode escoller, primeiro o correo Máis vello ou o Máis recente

Nota

Este cambio aplicarase en todas as súas contas e caixas de correo

Mensaxes programadas

  1. Prema no botón Nova mensaxe na parte superior esquerda da pantalla

  2. Prema no menú de accións (…) na xanela modal de redacción

  3. Prema en Enviar máis tarde

../../_images/scheduled-msg.png

Caixa de entrada prioritaria

A caixa de entrada prioritaria ten 2 seccións Importante e Outro. As mensaxes marcaranse automaticamente como importantes en función das mensaxes coas que teña interactuado ou marcado como importantes. Ao principio quizais teñas que cambiar manualmente a importancia para aprenderllo ao sistema, mais mellorará co paso do tempo.

../../_images/priority-inbox.png

Todas as caixas de entrada

Todas as mensaxes de todas as contas ás que accedeu amosaranse aquí cronoloxicamente.

Axustes da conta

Axustes da súa conta, como:

  1. Alias

  2. Sinatura

  3. Cartafoles predeterminados

  4. Resposta automática

  5. Remitentes de confianza

  6. …e máis

Pódese atopar no menú de accións dunha conta de correo. Alí pode editar, engadir ou eliminar a configuración segundo a súa necesidade.

Mover as mensaxes ao cartafol de non desexado

Added in version 3.4.

Correo pode mover unha mensaxe a un cartafol diferente cando se marca como non desexado.

  1. Vaia a Axustes da conta

  2. Vaia a Cartafoles predeterminados

  3. Comprobe que foi seleccionado un cartafol para as mensaxes non desexadas

  4. Vaia a Axustes de «non desexado»

  5. Prema en Mover as mensaxes ao cartafol de non desexado

    ../../_images/mail_move-message-to-junk-folder.png

Buscar na caixa de correo

Added in version 2.1.

Na parte superior da lista de sobres en calquera esquema de correo, hai un atallo de campo de busca para buscar asuntos de correo-e. A partir da versión 3.7, este atallo permite buscar por asunto, destinatario (a) ou remitente (de) de xeito predeterminado.

Advanced search in mailbox

Added in version 3.4.

Pode acceder á nosa función de busca avanzada a través dunha xanela modal situada ao final do atallo de busca.

Delegación de contas

A aplicación permite a delegación de contas para que un usuario poida enviar correos desde o enderezo doutro.

  1. A delegación ten que ser configurada no servidor de correo pola administración do mesmo

  2. Engada o outro enderezo de correo como alias para a súa propia conta de correo

  3. Cando envíe un correo, seleccione o alias como remitente

Advertencia

É posible que o correo electrónico enviado non sexa visíbel para a conta orixinal se está almacenado na súa caixa de correo persoal Enviado.

Eliminación automática do lixo

Added in version 3.4.

A aplicación de correo pode eliminar automaticamente mensaxes do cartafol do lixo após un determinado número de días.

  1. Vaia a Axustes da conta

  2. Ir é eliminación automática do lixo

  3. Introduza o número de días após os que se debe eliminar as mensaxes

Desactivar a retención de lixo deixando o campo baleiro ou axustándoo a 0.

Nota

Só se procesarán os correos eliminados após activar a retención do lixo.

../../_images/mail_trash_retention_settings.png

Redactar mensaxes

  1. Prema en Nova mensaxe na parte superior esquerda da pantalla

  2. Comece a escribir a súa mensaxe

Información do destinatario na xanela de redacción

Added in version 4.2.

Cando engade o seu primeiro destinatario ou contacto no campo «Para», aparecerá un panel á dereita amosando os detalles do perfil gardados dese contacto. Engadir un segundo contacto contraerá a lista, permitíndolle seleccionar e estender calquera contacto que engada para ver os seus detalles. Se prefire centrarse só en escribir na xanela de redacción, pode agochar o panel dereito premendo na icona estender no canto superior dereito. Para amosar de novo o panel correcto, simplemente prema na icona de minimizar na mesma localización.

Mencionar contactos

Added in version 4.2.

Pode mencionar contactos na súa mensaxe escribindo @ e de seguido seleccionando o contacto da lista. Ao facelo, o contacto engadirase automaticamente como destinatario.

Nota

Só se suxerirán contactos cun enderezo de correo-e válido.

Minimizar a xanela modal de redacción

Added in version 3.2.

A xanela modal de redacción (a caixa na que se redacta a mensaxe) pódese minimizar mentres se escribe unha mensaxe nova, se edita un borrador existente ou se edita unha mensaxe desde a caixa de saída. Simplemente prema no botón de minimizar na parte superior dereita da xanela modal ou prema en calquera lugar fóra da xanela modal.

../../_images/mail-minimize-composer.png

Pode retomar a súa mensaxe minimizada premendo en calquera lugar do indicador na parte inferior dereita da pantalla.

../../_images/mail-composer-indicator.png

Prema no botón de pechar na xanela modal ou no indicador do canto inferior dereito para deixar de editar unha mensaxe. Gardarase automaticamente un borrador na súa caixa de borradores.

Caixa de saída

Unha vez redactada unha mensaxe e premido o botón «Enviar», esta mensaxe é engadida á caixa de saída que se pode atopar no canto inferior esquerdo da barra lateral esquerda.

Tamén pode definir a data e a hora para a operación de envío a un punto no futuro (consulte Mensaxes programadas)- a mensaxe permanecerá na caixa de saída ata que chegue a data e hora escollida, entón enviarase automaticamente.

A caixa de saída só é visíbel cando hai unha mensaxe que agarda ser xestionada pola caixa de saída.

Pode volver abrir a xanela de redacción para unha mensaxe na caixa de saída en calquera momento antes de que se active a operación de «enviar».

Nota

Cando se produce un erro durante o envío, hai tres posíbeis mensaxes de erro:

Non foi posíbel copialo na caixa de correo «Enviado».

O correo foi enviado, mais non foi posíbel copialo na caixa de correo «Enviado». Este erro será xestionado pola caixa de saída e tentarase de novo a operación de copia.

Produciuse un erro no servidor de correo

O envío non foi satisfactorio cun estado do que se pode recuperar (ex: non foi posíbel acadar o servidor SMTP). A caixa de saída tentará de novo o envío da mensaxe.

Non foi posíbel enviar a mensaxe

O envío puido ou non fallar. O servidor de correo non nos pode dicir o estado da mensaxe. Dado que a aplicación de correo non ten xeito de determinar o estado da mensaxe (enviado ou non enviado), a mensaxe permanecerá na caixa de saída e o usuario da conta ten que decidir como proceder.

Accións na caixa de correo

Engadir unha caixa de correo

  1. Abra o menú de accións dunha conta

  2. Prema en Engadir unha caixa de correo

Engadir unha caixa de correo secundaria

  1. Abra o menú de accións dunha caixa de correo

  2. Prema en Engadir unha caixa de correo secundaria

Caixa de correo compartida

Se alguén compartiu con Vde. unha caixa de correo con algúns dereitos específicos, esa caixa de correo amosarase como unha caixa de correo nova cunha icona compartida como se indica a continuación:

../../_images/shared-mailbox-icon.png

Accións de sobre

Crear un evento

Crear un evento para unha determinada mensaxe/fío directamente a través da aplicación de correo

  1. Abra o menú de accións dun sobre

  2. Prema en Máis accións

  3. Prema en Crear evento

Nota

Crearase para Vde. o título do evento e unha axenda, se a administración o activou.

Crear unha tarefa

Added in version 3.2.

Crear unha tarefa para unha determinada mensaxe/fío directamente a través da aplicación de correo

  1. Abra o menú de accións dun sobre

  2. Prema en Máis accións

  3. Prema en Crear tarefa

Nota

As tarefas almacénanse en calendarios compatíbeis. Se non hai un calendario compatíbel, pode crear un novo coa aplicación de calendario.

Editar etiquetas

  1. Abra o menú de accións dun sobre

  2. Prema en Editar etiquetas

  3. Na xanela modal de etiquetas, active/desactive as etiquetas

Cambiar a cor das etiquetas

Added in version 3.5.

../../_images/change-tag-color.png

Ao crear unha etiqueta, elíxese automaticamente unha cor asignada ao chou. Unha vez gardada a etiqueta, ten a flexibilidade de personalizar a súa cor segundo as súas preferencias. Esta funcionalidade pódese atopar no menú de acción da xanela modal de etiquetas.

Eliminar etiquetas

Added in version 3.5.

../../_images/delete-tag.png

Agora ten a posibilidade de eliminar etiquetas creadas anteriormente. Para acceder a esta funcionalidade:

  1. Abra o menú de accións dun sobre ou fío

  2. Seleccione Editar etiquetas

  3. Dentro da xanela modal das etiquetas, abra o menú de acción para a etiqueta específica que quere eliminar.

Nota

Teña en conta que as etiquetas predeterminadas como Traballo, Tarefa pendente, Persoal e Após non é posíbel eliminalas, só se poden renomear.

Resumo por IA

Added in version 4.2.

Ao mirar na súa caixa de correo verá un breve resumo xerado por IA dos seus correos como unha vista previa.

Nota

Teña en conta que a funcionalidade ten que estar activada pola administración

Accións de mensaxes

Cancelar a subscrición dunha lista de correo

Added in version 3.1.

Algunhas listas de correo e boletíns permiten cancelar a subscrición doadamente. Se a aplicación Correo detecta mensaxes deste remitente, amosará un botón Cancelar a subscrición xunto á información do remitente. Prema e confirme para cancelar a subscrición a esa lista.

Adiar

Added in version 3.4.

Ao adiar unha mensaxe ou fío móvese a unha caixa de correo específica ata que se acade a data de adiamento seleccionada e a mensaxe ou fío movese de novo á caixa de correo orixinal.

  1. Abra o menú de accións dun sobre ou fío

  2. Prema en Adiar

  3. Seleccione canto tempo debe adiarse a mensaxe ou o fío

Respostas intelixentes

Added in version 3.6.

Cando abre unha mensaxe na aplicación Correo, este propón respostas xeradas por AI. Simplemente ao premer nunha resposta suxerida, a xanela de redacción ábrese coa resposta precuberta.

Nota

Teña en conta que a funcionalidade ten que estar activada pola administración

Nota

Os idiomas admitidos dependen do gran modelo de linguaxe empregado

Tradución do correo

Added in version 4.2.

Vde. é quen de traducir mensaxes aos seus idiomas configurados de xeito semellante a como o fai Parladoiro.

Nota

Teña en conta que as funcionalidades de tradución deben estar activadas no servidor

Resumo do fío

A aplicación de correo permite resumir fíos de mensaxes que conteñen 3 ou máis mensaxes.

Added in version 3.4.

Nota

Teña en conta que a funcionalidade ten que estar activada pola administración

Nota

Teña en conta que esta funcionalidade só traballa ben con integration_openai. Os GML (LLM) locais tardan demasiado tempo en responder e é probábel que se esgote o tempo de espera da solicitude de resumo e, aínda así, xere unha carga significativa do sistema.

Filtrado e resposta automática

A aplicación Correo ten un editor para scripts Sieve, unha interface para configurar respostas automáticas e unha interface para configurar filtros. Sieve ten que estar activado nos axustes da conta.

Respostas autromáticas

Added in version 3.5: A resposta automática pode seguir os axustes do sistema.

A resposta automática está desactivada de xeito predeterminado. Pódese definir manualmente ou seguir a configuración do sistema. Seguindo os axustes do sistema significa que a mensaxe de ausencia longa introducida na Sección de axustes de ausencias aplícase automaticamente.

Filtro

Added in version 4.1.

Correo 4.1 inclúe un editor sinxelo para configurar as regras do filtro.

Nota

Non está admitida a importación de filtros existentes. Porén, todos os filtros existentes permanecerán activos e sen cambios. Recomendamos facer unha copia de seguranza do seu script actual a través do editor de scripts de Sieve como precaución.

Como engadir un novo filtro

  1. Abra os axustes da súa conta

  2. Comprobe que Sieve está activado para súa conta (consulte os axustes do servidor de Sieve).

  3. Prema en Filtros

  4. Seleccione Novo filtro para crear a nova regra.

Como eliminar un filtro

  1. Abra os axustes da súa conta

  2. Asegúrese de que Sieve está activado para súa conta (consulte os axustes do servidor de Sieve).

  3. Prema en Filtros

  4. Pase o rato por riba do filtro que quere eliminar e. de seguido, prema na icona do cesto do lixo.

Probas

As probas aplícanse aos correos entrantes no servidor de correo, dirixidas a campos como o asunto (a liña de asunto do correo), desde (o remitente) e para (o destinatario). Pode empregar os seguintes operadores para definir as condicións para estes campos:

  • is: unha coincidencia exacta. O campo debe ser idéntico ao valor indicado.

  • contains: unha coincidencia de subcadea. O campo coincide se o valor indicado está contido dentro del. Por exemplo, «conforme» coincide con «forme».

  • matches: unha coincidencia de patróns empregando comodíns. O símbolo «*» representa calquera número de caracteres (incluído ningún), mentres que «?» representa exactamente un carácter. Por exemplo, «informe» coincidiría con «Actualizar o informe de 2024».

Accións

As accións son activadas cando as probas especificadas son verdadeiras. Están dispoñíbeis as seguintes accións:

  • fileinto: move a mensaxe a un cartafol especificado.

  • addflag: engade un indicador á mensaxe.

  • stop: detén a execución do script de filtro. Non se procesarán máis filtros após sta acción.

Lembretes de seguimento

Added in version 4.0.

A aplicación Correo lembraralle automaticamente cando un correo saínte non recibise unha resposta. Cada correo enviado será analizado por unha IA para comprobar se se agarda unha resposta. Após catro días, todos os correos relevantes amosaranse na súa caixa de entrada prioritaria.

Ao premer nesa mensaxe amosarase un botón para facer un seguimento rápido con todos os destinatarios. Tamén é posíbel desactivar os lembretes de seguimento dun correo enviado.

Nota

Teña en conta que a funcionalidade ten que estar activada pola administración.

Seguridade

Detección de ciberestafa (pishing)

Added in version 4.0.

A aplicación Correo comprobará os posíbeis intentos de ciberestafa (phishing) e amosará unha advertencia ao usuario.

As comprobacións son as seguintes:

  • O enderezo do remitente gardado no caderno de enderezos non é o mesmo que o da conta de correo

  • O remitente está a usar un enderezo de correo personalizado que non coincide co enderezo do remitente

  • A data de envío está definida no futuro

  • As ligazóns do corpo da mensaxe non apuntan ao texto amosado

  • O enderezo de resposta non é o mesmo que o enderezo do remitente

Nota

Teña en conta que a advertencia non significa que a mensaxe sexa un intento de ciberestafa (phishing). Só significa que a aplicación de correo detectou un potencial intento de ciberestafa (phishing).

Enderezos internos

Added in version 4.0.

A aplicación de correo permite engadir enderezos e dominios internos e advertirá ao usuario se o enderezo non está na lista, ao enviar e recibir unha mensaxe.

Para engadir un enderezo interno:

  1. Abra os axustes de correo

  2. Desprácese ata a sección de Privacidade e seguridade

  3. Active os enderezos internos de premendo na caixa de selección

  4. Prema no botón Engadir enderezo interno

  5. Introduza o enderezo ou o dominio e prema en Engadir