Sincronización co escritorio de GNOME

O escritorio de GNOME ten integrada a compatibilidade para o calendario, os contactos e as tarefas de Nextcloud que serán amosados polo Xestor de información persoal (PIM) de Evolution ou as aplicacións de Calendario, Tarefas e Contactos Do mesmo xeito, Ficheiros integrase no xestor de ficheiros Nautilus a través de WebDAV. Este último só funciona mentres a computadora está conectada.

Pódese facer seguindo estes pasos:

  1. Nos axustes de GNOME, abra Contas en liña.

  2. En «Engadir unha conta» escolla Nextcloud:

    ../../_images/gnome-online-accounts.png
  3. Enter your server URL, username, and password. If you have enabled two-factor authentication (2FA), you need to generate an application password/token, because GNOME Online Accounts doesn’t support Nextcloud’s WebFlow login yet (Learn more):

    ../../_images/goa-add-nextcloud-account.png
  4. Na seguinte xanela, seleccione a que recursos debería acceder GNOME e prema na cruz na parte superior dereita para pechar:

    ../../_images/goa-nextcloud-select.png

As tarefas, calendarios e contactos de Nextcloud deberían estar agora visíbeis no Evolution PIM, así como nas aplicacións Tarefas, Contactos e Calendarios.

Os ficheiros amósanse coma un recurso WebDAV no xestor de ficheiros Nautilus e tamén estarán dispoñíbeis nos diálogos abrir/gardar ficheiros do GNOME. Os documentos deberían estar integrados na aplicación Documentos do GNOME.

Tamén debería poder buscar todos os recursos dende calquera lugar premendo a tecla Windows e introducindo un termo de busca.