Proxectos
Obsoleto dende a versión 25: Esta funcionalidade foi substituída pola aplicación de recursos relacionados cos envíos
Os usuarios poden asociar ficheiros, parolas e outros elementos entre si nos proxectos. As diversas aplicacións presentarán estes elementos nunha lista, permitindolle aos usuarios saltar inmediatamente a eles. Os proxectos son de Nextcloud. Cando un usuario comparte un ficheiro que forma parte dun proxecto, o receptor do mesmo tamén pode ver ese proxecto. Premer sobre calquera dos elementos dun proxecto leva directamente a el, xa sexa unha parola, un ficheiro ou unha tarefa.
Crear un novo proxecto
Pódese crear un novo proxecto mediante a conexión de dous elementos. Comece abrindo un ficheiro ou cartafol compartindo a barra lateral.

Prema en Engadir a un proxecto e seleccione o tipo de elemento que quere ligar co ficheiro/cartafol actual. Abrirase un selector que lle permitira seleccionar unha conversa de Parladoiro, por exemplo.

Unha vez seleccionado o elemento, crearase un novo proxecto que aparecera na lapela de compartir da barra lateral. O mesmo proxecto tamén aparecerá na barra lateral compartida dos elementos ligados.

A entrada da lista amosa ligazóns rápidas a un número limitado de elementos. Ao abrir o menú contextual, pode cambiarse o nome do proxecto e ampliar a lista completa de elementos.
Engadindo máis entradas a un proxecto
Se hai que engadir outro elemento a un proxecto xa existente, pódeo facer buscando o nome do proxecto no selector Engadir a un proxecto.

Visibilidade dos proxectos
Os proxectos non inflúen no acceso e visibilidade dos distintos elementos. Os usuarios só verán os proxectos doutros usuarios se teñen acceso a todos os elementos contidos.